Escoitar

A humanización da rúa Pablo Iglesias, homenaxea ao Celta cunha escultura do escudo e unha oliveira centenaria

O alcalde inaugurou hoxe a humanización da rúa Pablo Iglesias, que contou cun investimento de cerca de 1.300.000 euros. “É unha mellora integral da rúa que homenaxea ao Celta cunha escultura do escudo en pedra e unha oliveira centenaria”, destacou o rexedor.

luns, 19 xan 2026

Abel Caballero, a primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, e os concelleiros de Urbanismo e de Fomento, María José Caride e Javier Pardo, inauguraron este luns a humanización da rúa Pablo Iglesias que inclúe a instalación dunha rotonda presidida polo escudo do Real Club Celta, realizada en granito, e por unha oliveira centenaria. “Unha gran escultura do Celta encargada nos tempos de Carmela Silva como presidenta la Deputación de Pontevedra e una oliveira de 102 años de idade que plantouse cando fundouse o Celta”, detallou o rexedor.

As obras de humanización, que conlevan unha mellora integral da rúa coa ampliación das beirarrúas e instalación de novas redes de abastecemento, saneamento, iluminación, xardineiras, mobiliario urbano e sinalización, abarcan desde o inicio do vial ata a confluencia co Alexandre Bóveda.

Descargar todas as imaxes