O Concello subvenciona 400 rehabilitacións de vivendas por importe de 4,3 millóns
O goberno local financiou 123 actuacións de rehabilitación realizadas en 2025 cunha achega de 1,2 millóns. A este número hai que sumar outras 279 iniciativas que están en execución.
O programa municipal de rehabilitación ten en marcha 401 actuacións cun montante de 4.362.220,99 euros de subvencións, tal e como detallou esta mañá o alcalde de Vigo. Deste total, 279 están en marcha, cunha achega de 3,1 millóns, mentres que 123 actuacións xa están finalizadas e pagadas, cun importe de 1,2 millóns. Estas axudas estendéronse por distintos barrios da cidade: Casco Vello,17; Bouzas, 16; Coia: 51; Santa Clara, 7; Espiñeiro-Teis, 13; San Pablo, 7; San Roque: 10; e A Salgueira, 2. O Concello financia este programa con fondos procedentes fundamentalmente do Goberno de España e de Europa.