Zona Franca cede ao Concello unha parcela en Pablo Iglesias para aparcamento e zona verde
A Xerencia de Urbanismo tomará coñecemento no Consello do vindeiro martes do inicio do proceso para subscribir un convenio para a cesión dos terremos que suman 12.775 metros cadrados.
Abel Caballero explicou que con esta cesión anticipada de Zona Franca, o Concello poderá actuar na execución do Paseo do Lagares e construír no espazo un aparcamento e zona verde, que son “actuacións prioritarias” para a cidade.
O Consello da Xerencia do próximo martes tomará coñecemento do inicio do proceso para asinar un convenio entre o Concello e a Zona Franca para a cesión anticipada dunha parcela de 12.775 metros cadrados en solo urbanizable na rúa Pablo Iglesias, no ámbito da Bouza-Florida-Balaídos; no tramo situado entre Balaídos e A Gándara.