A Corporación garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de tren en Adamuz
A Praza do Rei acolleu este luns ás 12:00 horas o minuto de silencio convocado polo Concello “en memoria das vítimas” do accidente de tren sucedido onte en Adamuz, Córdoba. O alcalde transmitiu o pesar da cidade ante esta traxedia e trasladou “a súa solidariedade e o cariño ás familias” das persoas falecidas así como o “desexo de recuperación” para as persoas feridas.