Escoitar

O Concello inicia a instalación das ramplas mecánicas da rúa Pintor Colmeiro

O Concello iniciou este martes a instalación de 2 das 4 ramplas mecánicas proxectadas en Pintor Colmeiro, entre Álvaro Cunqueiro e Tarragona, que mellorarán a mobilidade da zona ao completar o corredor mecánico entre López Mora e Hispanidade, ademais de facilitar o acceso ao centro de saúde, segundo apuntou este martes o alcalde tras avanzar que a obra conta cun investimento de preto de 2,5 millóns de euros.

martes, 27 xan 2026

As obras de humanización da rúa Pintor Colmeiro avanzan co inicio das obras de montaxe das dúas primeiras ramplas mecánicas que facilitarán o tránsito por unha zona cun desnivel do 10 por cento. Contan con 5 tramos de 2 y 3 elementos, xa que terán máis de 30 metros de lonxitude cada unha.

Abel Caballero sinalou hoxe que as novas estruturas estarán cubertas cunha pérgola aberta cara ás beirarrúas e ás fachadas dos edificios, e que a humanización da rúa conleva a instalación dunha nova rede de servizos, ademais da ampliación dá área de tránsito para os peóns e o aumento das zonas verdes. “Seguimos avanzando a un ritmo extraodinariamente importante no Vigo Vertical con obras que superan os 10 millóns de euros”, recalcou.

Vigo Vertical

O rexedor indicou que, no marco do programa “Vigo Vertical”, o Concello tamén progresa na humanización do Paseo de Granada, onde se instalarán 4 ramplas, cun investimento de 3,3 millóns de euros.

Entre os proxectos en marcha apuntou o progreso na instalación de dúas ramplas na rúa Serafín Avendaño, cun investimento de 1,7 millóns de euros, “que estivo parada durante dous meses porque tiñamos que ter o permiso arqueolóxico da administración galega e, por tanto, non se puido ir á velocidade á que estabamos dispostos a ir porque nos paralizou a Xunta”.

Caballero explicou que proximamente se inaugurará o ascensor entre Romil e Hispanidade, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, que creará un corredor desde Beiramar ata O Castro e incidiu en que o Concello tamén avanza na obra do novo ascensor de Juan Ramón Jiménez, o segundo entre Marqués de Valterra e Torrecedeira, que forma parte do corredor que une Romil con Hispanidade. Conta cun investimento de 1 millón de euros.

Descargar todas as imaxes