mércores, 28 xan 2026
A mellora do Verbum, a reforma da grada do estadio de fútbol de Samil, a Biblioteca de Teis e a renovación do aglomerado do entorno da rúa Brasil son as obras que comezarán ao longo do mes de febreiro. O orzamento destes proxectos supera os 2 millóns de euros.
mércores, 28 xan 2026
O rexedor mantivo un encontro este mércores con Antonio Corredoira Alfonso quen, dende o mes de decembro, exerce como cónsul honorario de Ucraína en Galicia, e que lle agradeceu o trato que reciben as máis de 500 persoas ucraínas que viven na área de Vigo. O alcalde comprometeuse a deixarlles un local na cidade para desenvolver diferentes actividades e a estudar as posibilidades de cesión de xeneradores de electricidade e de vehículos de bombeiros, un extremo que trasladou o cónsul explicando que a poboación está sufrindo unha grave crise enerxética. Antonio Corredoira tamén lle propuxo a Abel Caballero o irmandamento de Vigo con Nicolaiev, unha das principais cidades ucraínas.
mércores, 28 xan 2026
Zona Franca será a encargada de levar adiante as obras do aparcadoiro cun investimento de máis de 12 millóns de euros.
mércores, 28 xan 2026
Abel Caballero lamentou este martes o “empeoramento” da xa deteriorada atención sanitaria que presta o Sergas en Vigo pola apertura do novo centro de saúde Olimpia Valencia, que supoñerá o peche dos ambulatorios de López Mora e Nicolás Peña e o traslado de pediatras e médicos de Primaria de Pintor Colmeiro, rúa Cuba, Beiramar e Coia, sen respectar o requisito da proximidade á residencia dos usuarios.