Escoitar

Abel Caballero recibe ao cónsul honorario de Ucraína en Galicia

O rexedor mantivo un encontro este mércores con Antonio Corredoira Alfonso quen, dende o mes de decembro, exerce como cónsul honorario de Ucraína en Galicia, e que lle agradeceu o trato que reciben as máis de 500 persoas ucraínas que viven na área de Vigo. O alcalde comprometeuse a deixarlles un local na cidade para desenvolver diferentes actividades e a estudar as posibilidades de cesión de xeneradores de electricidade e de vehículos de bombeiros, un extremo que trasladou o cónsul explicando que a poboación está sufrindo unha grave crise enerxética. Antonio Corredoira tamén lle propuxo a Abel Caballero o irmandamento de Vigo con Nicolaiev, unha das principais cidades ucraínas.

mércores, 28 xan 2026
Reunión de Abel Caballero e Antonio Corredoira
Reunión de Abel Caballero e Antonio Corredoira
Descargar todas as imaxes