Escoitar

O alcalde lamenta o empeoramento da atención sanitaria en Vigo con peches de centros e traslados de médicos

Abel Caballero lamentou este martes o “empeoramento” da xa deteriorada atención sanitaria que presta o Sergas en Vigo pola apertura do novo centro de saúde Olimpia Valencia, que supoñerá o peche dos ambulatorios de López Mora e Nicolás Peña e o traslado de pediatras e médicos de Primaria de Pintor Colmeiro, rúa Cuba, Beiramar e Coia, sen respectar o requisito da proximidade á residencia dos usuarios.

mércores, 28 xan 2026

Abel Caballero destacou este mércores que os cambios anunciados onte polo conselleiro de Sanidade afectará a 42.000 usuarios do Sergas en Vigo pola implantación de cambios en seis centros de saúde dada a apertura do centro de saúde Olimpia Valencia en Coia.

O alcalde recalcou que aos peches dos centros de López Mora e Nicolás Peña súmase o traslado de toda a atención pediátrica dos centros de Coia e de Pintor Colmeiro, así como o desprazamento de médicos da Rúa Cuba e Beiramar. “Tres quilómetros para acudir ao centro de Primaria que ten que ter a característica de estar preto de casa e por iso se reparte en función da poboación, pois agora vai afectar a seis centros, a dous que pechan e diminúen de pacientes e de médicos?” apunta o rexedor ante o traslado de consultas e cotas de pacientes ata o Olimpia Valencia.

“Abren e centro de saúde e revolucionan para peor a outros seis”, recalcou Caballero cuestionando o futuro dos centros onde terá lugar o traslado de médicos pero sen correspondencia co de pacientes pola súa negativa ao cambio. “Que vai pasar? Teremos aínda menos médicos ?”, recalcou.

A decisión da Xunta de manter un único Punto de Atención Continuada en Vigo foi censurada polo alcalde polo seu efecto negativo no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro cuxos profesionais denuncian unha saturación “insoportable”.

 

 

 

Descargar todas as imaxes