Escoitar

As ramplas mecánicas do Paseo de Granada comezarán a funcionar a principios do verán

Caballero deu conta do avance da instalación das ramplas mecánicas no Paseo de Granada que estarán en funcionamento a principios de verán. A humanización ten un orzamento de 3,3 millóns, dos que 2 millóns proceden de Fondos Next Generation.

mércores, 4 feb 2026

O alcalde apuntou que as obras de humanización e instalación de ramplas mecánicas no Paseo de Granada marchan “a moi bo ritmo” coa previsión de que os traballos estean rematados a principios deste verán. Cunha inversión de 3,3 millóns dos que boa parte se financian con Fondos Next Generation do Goberno de España, a actuación desenvólvese no Paseo de Granada e unha pequena parte da rúa Pracer. Ten unha lonxitude de 220 m2 e conectará a Porta do Sol coa Praza do Bicentenario.

Tal e como detallou Caballero, instalaranse 4 ramplas mecánicas na beirarrúa da esquerda, salvando un desnivel de case o 10%. Esta obra permitirá, así mesmo, prolongar o carril bici existente, completando o eixo de comunicación do Casco Vello. A humanización prevé a ampliación do ancho das beirarrúas, unha pavimentación acorde co entorno, renovación das redes de servizos e alumeado público e a implantación de elementos de mobiliario urbano: bancos, papeleiras, barandas, novas zonas axardinadas.

 

Descargar todas as imaxes