O goberno local reitera o seu compromiso co patrimonio cultural e artístico da cidade
O rexedor vigués mantivo un encontro este martes con Pablo Delclaux, secretario da Subcomisión Episcopal para o Patrimonio Cultural na Conferencia Episcopal Española, que estivo acompañado de Santiago Vega, párroco da Igrexa de Nosa Señora do Rocío e delegado diocesano de Patrimonio e Arte Sacro da Diocese de Tui-Vigo. Ao longo da reunión, expuxeron que a cidade de Vigo acollerá no mes de xuño unhas xornadas na que tratan o patrimonio cultural da Igrexa en detalle. Caballero aproveitou para trasladarlle a colaboración municipal, mediante o convenio vixente, na conservación do patrimonio cultural, con restauración de edificios e igrexas, "porque queremos que o patrimonio da Igrexa, que é patrimonio cultural da cidade de Vigo, estea en bo estado de conservación". Como exemplo, o alcalde explicou que "dentro duns días iremos a Candeán porque fixemos alí unha rehabilitación espléndida de todo o atrio da igrexa e imos rehabilitar a parte interior".