Escoitar

Caballero critica á Xunta por non consultar con Vigo a nova Lei de Administración Local

“Non consultar á primeira cidade de Galicia para o primeiro borrador do proxecto de lei para a Administración Local... comeza mal”, afirmou.

mércores, 4 feb 2026

O alcalde lamentou coñecer a través da prensa que a Xunta de Galicia iniciou o trámite de audiencia e información pública co obxectivo de elaborar unha nova Lei de Administración Local de Galicia, que substituirá á vixente desde 1997.

Así, cualificou de “moi chamativo” que, segundo manifestacións do conselleiro de Presidencia, a Xunta leve dous anos recollendo opinións de colectivos e representantes municipais sen ter solicitado en ningún momento unha achega previa ao Concello de Vigo para o primeiro borrador do proxecto lexislativo.

“Non consultar á primeira cidade de Galicia na fase inicial dun proxecto desta relevancia institucional é unha mala maneira de comezar e evidencia unha determinada posición política”, afirmou Caballero. Neste sentido, o alcalde considerou “plenamente razoable” que a Xunta tivese pedido a opinión do Concello de Vigo antes de redactar o primeiro texto da futura lei.

Descargar todas as imaxes