O Concello ultima obras de mellora do saneamento en Cabo Estai
O alcalde explicou que a intervención na rúa Subida a Radio Faro, coa construción dun novo pozo de bombeo, supón o mantemento dun “magnífico” servizo a todas as vivendas situadas na súa contorna.
Abel Caballero explicou que as obras de instalación dun novo pozo de bombeo soterrado na zona de dominio público entre a rúa Subida a Radio Faro e un ramal lateral, que están próximas a finalizar, contan cun investimento municipal de preto de 100.000 euros, e incidiu en que “era imprescindible” realizar esta intervención.
Jacinto Benavente
O Concello executa, pola vía de emerxencia, o derrubamento dunha pequena edificación en ruinas próxima á antiga Artística, situada no número 69 da rúa Jacinto Benavente.
O alcalde explicou que o Concello intervén de forma subsidiaria por cuestións de seguridade e os gastos derivados da derriba serán repercutidos aos propietarios da edificación.