Escoitar

A cidade mantén un 90% de ocupación hoteleira na segunda metade de setembro

Vigo pechou a fin de semana cunha ocupación media do 90%, cun número importante de establecementos que alcanzaron o cheo total durante a xornada do sábado. Abel Caballero destacou que “seguimos sendo unha potencia turística” mesmo fóra dos meses tradicionalmente considerados de temporada alta e vinculou estes datos ao impacto positivo do turismo na economía, no emprego e na actividade da cidade.

luns, 21 set 2026
Descargar todas as imaxes