Escoitar

O HALO recibe un novo galardón no XIV Premio San Telmo do Colexio de Enxeñeiros

Esta icona da mobilidade sostible recibe un novo premio, nesta ocasión dentro dos Premios San Telmo organizados polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia. Caballero lembrou que esta infraestrutura contou co apoio económico do Goberno de España e coa oposición do PP e do BNG.

martes, 24 feb 2026

O alcalde avanzou esta mañá un novo galardón para o HALO, neste caso, outorgado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia dentro dos Premios San Telmo. Este accésit vén sumarse, proseguiu, a outros moitos recoñecementos que xa posúe esta icona da cidade que foi cofinanciado polo Goberno de España sen o apoio dos grupos do PP e do BNG que votaron en contra da ampliación orzamentaria para acometer unha obra que “xa é unha referencia da mobilidade sostible no mundo”.

O HALO foi premiado nos “4 Future Awards”, na categoría de Transporte como “Best of best” del año 2025, considerado como o principal concurso de deseño de Canadá. O ano pasado tamén recibiu o Premio de Architectura e Rehabilitación de Galicia 2025. Meses antes, no mes de maio, o HALO recibiu o Premio Acueducto de Segovia de Obra Pública e Medio Ambiente que se concede de maneira bienal.

En 2024 alzouse co premio Premio Architecture Masterprize, best of best en la categoría Transportation e como “Mellor Proxecto Innovador” nos XV premios Porcelanosa. A listaxe de recoñecementos comeza en 2021 cando foi galardonado nos LOOP Design Awards na categoría de “Arquitectura non construída” entre 650 propostas de 50 países. En 2022, o proxecto de ascensor foi distinguido na Semana Española da Mobilidade Sostible organizada polos ministerios de Transportes e Transición Ecolóxica.

 

Descargar todas as imaxes