Escoitar

O Goberno local segue a traballar no arranxo de viais tras os temporais

Abel Caballero informou este mércores da progresión do plan especial de reparación das calzadas da cidade posto en marcha polo Concello de Vigo para paliar os efectos dos temporais rexistrados nos dous últimos meses. O alcalde achegouse ata a Gran Vía para ver in situ a reparación das fochancas nesta zona no día de hoxe.

mércores, 25 feb 2026

O alcalde achegouse esta mañá á Gran Vía, onde o Concello está a reparar viais deteiorados por efectos do temporal.  “A pesar do mal tempo, estamos actuando nos casos máis urxentes para garantir a seguridade viaria”, dixo para lembrar que desde o pasado 13 de febreiro dous equipos municipais traballan de forma diaria nas rúas da cidade.

Nos últimos días, o operativo municipal realizou actuacións de reparación en Cesáreo Vázquez, Sanjurjo Badía, Camiño Esteriz, rúa Costa, Camiño Raviso, rúa Paraguai e agora tamén na Gran Vía. Recordou que, con anterioridade, xa se actuara en numerosas vías da cidade, entre elas, Gregorio Espino, Colón, Urzáiz, Jenaro de la Fuente, o túnel de Beiramar, Sanjurjo Badía, Rola, Ecuador, México, Brasil, Palencia, Torrecedeira, María Berdiales, Maceiras, Fragoso e a contorna de Balaídos, o vial Bouzas–Citroën, Castrelos e Camiño Regueiro.

O alcalde subliñou que o Concello está “analizando de forma continua o estado das rúas da cidade” para priorizar as intervencións máis necesarias. Ademais destas actuacións de urxencia, Caballero avanzou que o Goberno municipal acometerá a mellora do asfaltado de arredor de 450 rúas en distintos barrios de Vigo, no marco do plan municipal de conservación e modernización das calzadas.

Descargar todas as imaxes