Caballero celebra o galardón que sitúa como mellor aeroporto europeo á terminal viguesa
O aeroporto de Vigo foi distinguido nos premios Airport Service Quality (ASQ), outorgados polo Consello Internacional de Aeroportos (ACI), que avalían a calidade do servizo aeroportuario a través das valoracións directas das persoas usuarias.
O rexedor vigués quixo expresar o seu orgullo polo recoñecemento da terminal viguesa como mellor aeroporto de Europa na categoría de menos de 2 millóns de pasaxeiros. Caballero quixo resaltalo ante as constantes críticas que recibe a terminal olívica doutras formacións políticas, sobre o que ironizou sinalando que “de súpeto acaban de declaralo o mellor de Europa na súa na súa categoría”. Unha distinción que pon en valor a excelencia do servizo prestado pola terminal viguesa e o compromiso do seu equipo profesional.
A insfraestrutura viguesa foi distinguida nos premios Airport Service Quality (ASQ), outorgados polo Consello Internacional de Aeroportos (ACI), que avalían a calidade do servizo aeroportuario a través das valoracións directas das persoas usuarias. Trátase da primeira vez que este aeroporto acada este recoñecemento europeo, baseado nas enquisas realizadas aos pasaxeiros sobre aspectos como as instalacións, a atención ao cliente, a seguridade ou a eficiencia operativa.
Caballero aproveitou para lembrar a vontade de sacar un concurso que permitirá operar unha conexión aérea con Londres. Sobre esta cuestión, censurou á Deputación e á Xunta por non querer financiar pero anunciou que “se fará dende o Concello de Vigo”. Criticou de novo a discriminación do aeroporto vigués, dado que hai carencia de de voos porque a Xunta de Galicia "segue pagando voos en Santiago, facendo competencia desleal con impostos de Vigo”.