Escoitar

Caballero chama a combatir o negacionismo "desde a ciencia" no 25 aniversario do "Vizconde de Eza"

Abel Caballero destacou este xoves o nivel de “excelencia” na investigación científica mariña que se desenvolve en buques como o “Vizconde de Eza”, pertencente á Secretaría Xeral de Pesca de España, que este ano cumpre 25 anos de singradura, para “combater desde a ciencia ” o crecente negacionismo.

xoves, 26 feb 2026

O alcalde incidiu hoxe en que “desde a política contribúese coa creación de institutos de investigación” ou coa construción de barcos de investigación oceanográfica como o “Vizconde de Eza”, que alcanza un cuarto de século de prospección científica sobre a situación do mar e dos recursos pesqueiros.

Caballero, tras destacar o nivel da investigación en España, puxo en valor a achega dos científicos para o progreso da economía e da sociedade e para afrontar tanto aos negacionistas de cambio climático como “aos que desde a tecnoloxía queren controlar a democracia e non están para facer que a cidadanía sintan a melloría da sociedade”.

Avances científicos

A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, apuntou o avance en investigación realizado nos últimos 25 anos. “O coñecemento científico foi unha ferramenta esencial para comprender mellor os nosos mares, avaliar o estado dos recursos e para tomar decisións de política e de xestión pesqueira de forma responsable e adecuada á realidade”, remarcou.

Lembrou que España conta cunha frota de 8.435 buques que diariamente xeran un importante volúmen de información á investigación científica sobre o estado do mar.

“O coñecemento científico que xeran os nosos buques asegúrannos a pesca de hoxe e de mañá, co que estamos inviertiendo no futuro”, afirmou en relación a buques oceanográficos como o “Vizconde de Eza”, o “Miguel Oliver” e o “Enma Bardán”.

No acto tamén particoiparon a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de agricultura, Pesca e Alimentación, o delegado do Goberno en Galicia, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, o presidente da Confederación de Empresarios de e Galicia, o presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo así como diferesntes investigadores do mar. 

Descargar todas as imaxes