O Concello amplía con novas rutas o programa para persoas maiores Coñece Vigo
O alcalde deu conta esta mañá dunha nova edición da iniciativa municipal Coñece Vigo que organiza rutas saudables pola cidade para persoas maiores. As actividades comezarán en abril e a inscrición -gratuíta – estará dispoñible a partir do luns 2 de marzo a través do 010.
O Concello volve organizar este ano o programa Coñece Vigo, unha actividade que combina ocio, socialización, coñecemento do patrimonio local e a promoción dunha vida activa e saudable. O obxectivo é éxito extraordinario, ocio, socialización, coñecemento do patrimonio local, a promoción dunha vida saudable así como contribuír a reducir a soidade non desexada.
Da man de guías oficiais acreditados e especializados, o público participante realizará andainas descubrindo lugares, feitos e personaxes fascinantes vinculados a Vigo ao longo da súa historia. Segundo detallou o alcalde, están previstas diferentes roteiros a pé adaptados tanto en duración como en dificultade aos diferentes niveis e circunstancias persoais para descubrir por exemplo, a pegada de Julio Verne, a Reconquista, o Vigo das letras galegas, Mata Hari ou a emigración.
Logo do éxito “inenarrable” da pasada edición, cando se organizaron 20 roteiros nos que participaron unhas 500 persoas, o Concello ampliará este ano unha programación que comezará en primavera. As rutas, que comezarán en abril e son gratuítas, están previstas dous días á semana en grupos de 10 a 20 persoas. As inscricións realizaranse a través do 010 a partir do luns 2 de marzo.