Escoitar

O Concello achega 1,3 millóns para a celebración de O Marisquiño

Vigo volverá a acoller o festival de deporte urbano máis importante do mundo. O alcalde deu conta da concesión dunha subvención de 1,3 millóns para a posta en marcha da edición do Marisquiño deste 2026.

venres, 27 feb 2026

A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio para organizar O Marisquiño polo que o Concello subvencionará este evento con 1.342.000 euros. O festival de deporte urbano máis importante do mundo é “xa unha data consolidada e recoñecida internacionalmente”, dixo Abel Caballero.

Unha vez máis, contará cun gran número de probas destacadas e cunha vertente musical cada vez máis potente. A este respecto, engadiu que a achega municipal facilita que todas estas actividades sexan totalmente gratuítas para os asistentes. O alcalde concluíu que a previsión é superar nesta edición verán os 150.000 visitantes.

Descargar todas as imaxes