Escoitar

O goberno local investiu preto de 800.000 euros no campo de fútbol de Bouzas nos últimos anos

O alcalde asistiu hoxe a finalización da obra de instalación dunha nova cuberta no campo de fútbol de Bouzas no que o goberno municipal invistiu nos últimos anos uns 800.000 euros.

venres, 27 feb 2026

O campo de fútbol Baltasar Pujales conta cunha nova cuberta, segundo comprobou esta mañá o alcalde de Vigo nunha visita na que estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva e a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar. Esta estrutura, cun investimento de 300.000 euros,  incluíu a dotación de nova iluminación, así como a renovación das canalizacións para a recollida de augas do campo.

Caballero lembrou que o Concello reformou os vestiarios en 2025,  mentres que en 2019 se renovou o céspede por un importe superior aos 350.000 euros polo que as  inversións no campo ascenden a preto de 800.000 euros, “cartos moi ben gastados porque o Rápido de Bouzas ten moita base, con escolas deportivas no que participan moitos mozos e mozas”, incidiu o rexedor.

Descargar todas as imaxes