martes, 5 mai 2026
O Goberno municipal obtivo as 12 bandeiras azuis solicitadas para os areais da cidade. Abel Caballero tamén valorou que Vigo rexistrase “un nivel de ocupación hoteleira extraordinario no mes de abril, situándose no 68,88%”.
luns, 4 mai 2026
O alcalde deu conta da licitación do contrato que permitirá organizar actividades divulgativas en Vigonature. O propósito é seguir facendo deste espazo un lugar referencial para a educación ambiental.
mércores, 1 abr 2026
O alcalde achegouse esta mañá á apertura do renovado tramo da senda fluvial do Lagares no polígono de Miraflores. Este treito conecta os dous tramos do río en Sárdoma logo dunha rehabilitación que garante a peóns e ciclistas transitar de forma segura.
luns, 30 mar 2026
O Concello retoma a súa programación medioambiental despois de Semana cun calendario que inclúe nove rutas polos paisaxes de Vigo e os picos máis emblemáticos do sur de Pontevedra; a xestión de sete hortas urbanas e diversas accións de voluntariado para a conservación do entorno natural e o benestar animal.
martes, 24 mar 2026
O Concello plantou máis de 35.000 árbores en Vigo desde 2007, segundo destacou hoxe o alcalde ante os alumnos do Escolas Nieto e do CEIP Fonte Escura con quen plantou un magnolio no parque de Barreiro con motivo da conmemoración do “Día da Árbore”.
martes, 24 mar 2026
O operativo incluirá a retirada de residuos e a recolocación da area acumulada nos muros e escaleiras, trasladándoa cara á zona de explanada. Empregarase maquinaria especializada composta por dous tractores, unha pala retroexcavadora e unha motoniveladora, ademais da intervención de oito operarios que garantirán a eficacia dos traballos.
martes, 17 mar 2026
O escalador e alpinista Alex Txikon protagonizará o próximo martes 24 de marzo, no Auditorio Municipal, a primeira das tres conferencias programadas no “V Ciclo de de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático”, organizado entre o Concello de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia.
luns, 16 mar 2026
Ábrese a inscrición para o campamento “Aventura na natureza en VigoNature” que contará con 50 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
xoves, 12 mar 2026
Con motivo do inicio da Semana Santa comeza a tempada para os 10 quioscos de praia en Vigo. Por primeira vez poderán facelo de forma ininterrompida ata o 31 de outubro.
martes, 10 mar 2026
O domingo 15 de marzo VigoNature acolle a primeira actividade do programa organizado polo Concello coa finalidade de preparar á cidadanía para observar con seguridade a eclipse total de sol que terá lugar o 12 de agosto.