O Concello dedica 130.000 euros ás actividades educativas de Vigonature
O alcalde deu conta da licitación do contrato que permitirá organizar actividades divulgativas en Vigonature. O propósito é seguir facendo deste espazo un lugar referencial para a educación ambiental.
A Xunta de Goberno aprobou a licitación para o desenvolvemento das actividades medioambientais recollidas no programa educativo de Vigonature. Cun importe de 129.000 euros, o Concello financiará os servizos de deseño, coordinación e execución das actividades educativas e divulgativas.
Tal e como detallou Caballero, haberá actividades de sensibilización medioambiental, programas de aulas didácticas, celebracións especiais como aniversarios e actividades de concienciación comunitaria ou campamentos temáticos. O obxectivo, explicou, é seguir facendo de Vigonature un lugar referencial para a educación medioambiental.