Escoitar

"Vigo, un mar de bandas" e "Bandas nos torreiros" asolagarán a cidade de música ata final de ano

As nove bandas de música de Vigo protagonizarán ata decembro os 92 concertos programados polo Concello e pola Federación de Bandas de Música Populares no marco dos programas “Vigo, un mar de bandas” e “Bandas nos torreiros”.

xoves, 30 abr 2026

Abel Caballero presentou este xoves a nova edición da iniciativa musical que comeza mañá cos concertos das bandas Lira de San Miguel de Oia, no parque de Castrelos, e da Agrupación Musical Atlántida de Matamá na sociedade veciñal.

Os concertos sucederanse por toda a cidade ata final de ano, con especial intensidade durante os meses de verán a través do programa “Bandas nos torreiros” con 19 interpretacións xa fixadas en todas as festas parroquiais.

O alcalde puxo en valor o traballo de formación de músicos e de difusión da cultura musical que realizan as 9 bandas de Vigo.

Bandas participantes:

• Unión Musical de Coruxo

• Ateneo Musical de Bembrive

• Banda de Música As Delicias de Cabral

• Unión Musical de Valladares

• Banda-Escola de Música de Beade

• Unión Musical de Cabral

• Lira de San Miguel de Oia

• Agrupación Musical Atlántida de Matamá

• Banda da Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán

Descargar todas as imaxes