Abel Caballero felicita ao colexio García Barbón polo seu “Coro das emocións”
O alcalde asistiu á actuación do “Coro das emocións” organizado polo CEIP Plurilingüe García Barbón no Auditorio Municipal, unha iniciativa enmarcada no programa de educación responsable que o centro desenvolve desde hai tres anos. Caballero destacou o valor deste tipo de proxectos que, a través do canto coral, contribúen a fortalecer as competencias emocionais, sociais e creativas dos nenos e nenas.