Escoitar

O Concello ultima as melloras do Auditorio de Castrelos para acoller os concertos de verán

Xa se están realizando traballos de mellora para que o Auditorio de Castrelos estea a punto para os concertos de verán. O importe das obras de acondicionamento ascenden a 48.000 euros.

mércores, 29 abr 2026

O alcalde deu conta da realización de traballos de mellora do Auditorio de Castrelos por valor de 48.000 euros. En concreto, execútase un reforzo estrutural do muro de pedra do edificio situado detrás do escenario; nova cimentación da base; mellora na pavimentación dos accesos ao auditorio e ampliación da zona de descarga do backstage. Esta zona pasará a contar cun pavimento continuo de formigón armado, deixando atrás o pavimento adoquinado que existía ata o de agora e que dificultaba moito o tránsito de vehículos pesados.

Caballero enfatizou que estas obras prevén poñer a punto o auditorio para os grandes concertos de verán e lembrou as actuacións xa confirmadas: Deep Purple; Coral Casablanca; Ópera Carmen; Chayanne; As noites de Zarzuela; Ópera Nabucco; The Corrs; Viva Suecia e Iván Ferreiro.

Descargar todas as imaxes