Escoitar

Caballero apela, na “capital máis importante do mar”, á cooperación pola sostibilidade da pesca e da acuicultura

O alcalde defendeu hoxe, ante os 350 expertos de 30 países que participan no IV Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar: Responsabilidade e Impacto”, organizado pola Fundación de Nova Pescanova, que “Vigo é unha mostra extraordinaria de territorio que coida o mar”.

martes, 28 abr 2026

Caballero alertou, ante os expertos que debaten sobre a sostibilidade ambiental, social e económica dos productos do mar, que “estamos a ser o obxecto dun ataque malvado do ecoloxismo populista e falso” porque intentan culpar da deterioración do mar á pesca e “esquécese que vén doutros sitios, dos plásticos ou de determinados produtos de uso habitual para outras cuestións”.

O rexedor incidiu en que o procedemento do futuro é “seguir pelexando” pola sostibilidade”. Apelou a manter a cooperación e o traballo conxunto entre o sector, a ciencia e as administracións para garantir ás futuras xeracións a posibilidade de seguir pescando.

O presidente da Fundación Nova Pescanova, José María Benavent, lembrou que desde a primeira edición o foro abordou diferentes arestas da sostibilidade, desde a rastrexabilidade, á medición, así como á responsabilidade e o impacto nas persoas e no planeta.

Descargar todas as imaxes