A ópera Nabucco súmase ás actuacións do verán en Castrelos
Abel Caballero desvelou esta mañá o noveno espectáculo do Vigo en Festas 2026 e avanzou que “dentro duns días empezaremos a anunciar os concertos para a mocidade”.
“O domingo 9 de agosto teremos no auditorio de Castrelos a ópera Nabucco”, comezou Caballero, desvelando a novena actuación do Vigo en Festas 2026. Trátase dunha das obras mestras de Giuseppe Verdi, que marcou o inicio da súa consagración como compositor.
Estreada na Scala de Milán o 9 de marzo de 1842, chegou, posteriormente, ao teatro Principal de Barcelona o 2 de mayo de 1844. Está ambientada no conflito bíblico entre hebreos e babilonios e a trama xira en torno a Nabuccodonosor, rei de Babilonia, e a súa filla adoptiva Abigaille, quen trata de usurpar el trono de Babilonia, á vez que xurde a loita do pobo hebreo pola súa liberación.
A posta en escena contará cunha impoñente escenografía e un vestiario espectacular que transportarán ó espectador á antiga Mesopotamia. Esta produción conta con más 75 artistas (solistas, coro e orquesta) e leva consigo “unha gran posta en escena realizada pola Ópera Nacional de Moldavia”, sinalou o rexedor.
Para rematar, Abel Caballero quixo avanzar que “dentro duns días empezaremos a anunciar os concertos para xente máis xove”. Ata o momento, as actuacións do verán confirmadas son as seguintes:
- Deep Purple - 2 de xullo
- Coral Casablanca - 18 de xullo
- Ópera Carmen - 24 de xullo
- Chayanne - 30 de xullo
- As noites de Zarzuela - 1 de agosto
- Ópera Nabucco - 9 de agosto
- The Corrs - 11 de agosto
- Viva Suecia - 14 de agosto
- Iván Ferreiro - 15 de agosto