Ata 500 persoas maiores bailarán este sábado na discoteca Olimpo
Esta fin de semana, a partir das 19 horas, arranca o programa “Vigo Baila” na discoteca Olimpo da rúa Venezuela. Unha actividade gratuíta enmarcada no programa municipal “Vigo, cidade amiga dos maiores” e que se repetirá polo menos unha vez ao mes. O alcalde avanzou que haberá actuacións en directo e un dj para ambientar a velada con música durante a tarde e a noite. O Goberno local suma así esta iniciativa aos “Bailes en Vigo” que se desenvolven nas distintas asociacións veciñais en toda a cidade. “Queremos que Vigo baile”, concluíu Caballero.