Escoitar

A cidade homenaxea a Domingo Villar no Día do Libro

O recordo ao escritor e á súa paixón por Vigo centrou hoxe o acto organizado polo Concello na Praza de Compostela en conmemoración do “Día do libro”. Contou coa participación do alcalde, da primeira tenente de alcalde, do concelleiro de Cultura, da familia do literato, do estudantado de sexto de Primaria dos colexios García Barbón e Compañía de María, e do escritor Francisco Castro.

xoves, 23 abr 2026

Abel Caballero destacou esta mañá a figura de Domingo Villar como un autor que facía novela negra “cunha prosa irrepetible e excepcional” polo que “merece toda a nosa homenaxe”. Apuntou que o literato está permanentemente na memoria da cidadanía de Vigo coa súa escultura da Praza de Compostela situada a poucos metros da súa residencia familiar. “Domingo Villar segue para sempre connosco”, afirmou.

O alcalde abriu o acto coa lectura dun parágrafo do libro “O último barco”, de 2019, centrado en Vigo e protagonizado por Leo Caldas.

O alumnado dos colexios Compañía de María e García Barbón leron escritos propios lembrando a importancia da literatura e animando á lectura.

Descargar todas as imaxes