O Concello abre o período de inscrición nos campamentos de verán
As familias viguesas poden solicitar desde este xoves, 23 de abril na web www.xuventudevigo.org, algunha das 4.000 prazas dos 15 campamentos que oferta o programa municipal Verán Xove 2026 que conta cun orzamento de 486.751 euros.
O alcalde informou da apertura do prazo de inscrición nos 15 campamentos do programa Verán Xove 2026 co que o Concello ofrece alternativa de lecer e conciliación ás familias, promovendo valores como a inclusión, a igualdade de oportunidades e a convivencia. O orzamento do programa ascende a 486.751 euros.
Serán 4.000 prazas para nenas e nenos vigueses nados entre 2010 e 2022 (de 4 a 16 anos), que se distribúen en tres modalidades de actividade en función das idades: campamentos urbanos, espazos lúdicos gratuítos e actividades especiais con pernoita.
Tal e como apuntou Caballero, os campamentos de verán desenvolveranse nos diferentes espazos desde o 22 de xuño ao 31 de agosto, cunha duración de 10 días cada un, excepto VigoNature, que conta con pernoita de 5 días. O horario é de 8 a 15 horas con servizo de entrada temperá desde as 7:45 e saída flexible desde as 14 ás 15:15 horas, coa posibilidade de levar friameira para comer antes da saída.
Estes son os 15 campamentos municipais:
◦ Alcabre, Asociación de Veciños
◦ Berbés, Ceip Ramón y Cajal
◦ Balaídos, pavillón do Estadio, porta 18
◦ Bouzas, pavillón e praia
◦ Candeán, Ceip Igrexa-Candeán
◦ Casco Vello, Méndez Núñez, 3
◦ Bouzas, Centro Municipal
◦ Doutor Fleming, Ceip Fleming
◦ ETEA, pavillón e praia
◦ Navia, casa parroquial da rúa San Paio (Navia vello)
◦ Saiáns, centro municipal
◦ VigoNature
◦ VigoNature albergue, con pernoita
◦ Ludo Coia, pavillón de Coia - gratuíto
◦ Ludo Xuventude, Casa da Xuventude – gratuíto
As inscricións poden realizarse desde hoxe xoves 23 de abril e ata o venres 8 de maio a través da web www.xuventudevigo.org. No caso de que a demanda supere á oferta, as prazas adxudicaranse por sorteo, na forma que vén sendo habitual nos últimos anos.