xoves, 23 abr 2026
Abel Caballero explicou que “esta actuación forma parte importantísima das obras necesarias para o Mundial de 2030”. O custe da obra é de 2.821.000€ e “a Xunta e a Deputación terán que pagar un terzo cada unha”.
xoves, 23 abr 2026
As familias viguesas poden solicitar desde este xoves, 23 de abril na web www.xuventudevigo.org, algunha das 4.000 prazas dos 15 campamentos que oferta o programa municipal Verán Xove 2026 que conta cun orzamento de 486.751 euros.
xoves, 23 abr 2026
O Concello celebra esta fin de semana o “Día Internacional da Danza” coas actuacións de dezasete agrupacións folclóricas en 5 zonas da cidade. Caballero convida á cidadanía a participar da música e da danza.
xoves, 23 abr 2026
Abel Caballero informou de que o proxecto está ao 50% de execución. Actuacións para a mellora da eficiencia do ciclo da auga, xestión da información e novas estratexias avanzan “para que Vigo siga a ser a cidade coa mellor agua de España”.
xoves, 23 abr 2026
Abel Caballero anunciou que xa está activo o cálculo de rutas na plataforma de navegación máis utilizada no mundo.
xoves, 23 abr 2026
O alcalde puxo en valor o cinema e o sector audiovisual, que estes días están a desenvolver actividades e formación en Vigo con grandes profesionais. O vicepresidente da Academia de Cine, Rafael Portela, augurou que “estes días en Vigo serven para coñecer novas localizacións que se incorporarán a proxectos que levarán a imaxe da cidade ás pantallas de todo o mundo".
xoves, 23 abr 2026
O alcalde destacou esta mañá, ante os participantes no “Feelant Impact Summit”, o reto e o obxectivo colectivo de integrar na sociedade e nas empresas ás persoas con diversidade funcional “para que todo o mundo teña un sitio acorde coas súas capacidades”. O encontro reúne a líderes sociais, científicos, institucións e empresas para abordar a discapacidade, a economía do coidado, a innovación en saúde e o futuro do Estado do benestar.
xoves, 23 abr 2026
Abel Caballero participou na xornada “Transformación dixital en turismo: innovar para competir e conectar”, organizada por Faro de Vigo e Segittur, a sociedade estatal para a innovación e a tecnoloxía no sector turístico, que estivo representada polo seu director de Relacións Institucionais, Ezequiel García. O rexedor destacou a profesionalidade do sector vigués e a capacidade do “fenómeno Vigo” que “cos nosos propios medios nos convertemos nunha das marcas turísticas máis importantes de Europa”, acadando niveis de ocupación do 55% en temporada baixa. Estes datos, apuntou, lográronse coa unión de toda a cidade que hoxe é “querida pero antes non era así”.