Escoitar

Vigo énchese de danza o sábado 25 de abril cos grupos folclóricos da cidade

O Concello celebra esta fin de semana o “Día Internacional da Danza” coas actuacións de dezasete agrupacións folclóricas en 5 zonas da cidade. Caballero convida á cidadanía a participar da música e da danza.

xoves, 23 abr 2026

O alcalde presentou esta mañá o programa organizado coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, que contará cun acto central fronte ao Museo MARCO, na rúa Príncipe este sábado 25 de abril. Comezará ás 18.15 horas coa lectura do manifesto do Día Internacional da Danza. Acto seguido actuarán os grupos “Traspés”, “O Coto”, “Os Ventos de Comesaña” e “Lembranzas Galegas”.

A partir das 18.30 horas comezarán as actuacións no Paseo de Bouzas, xunto á igrexa; peonil do Calvario fronte ao mercado; número 20 da rúa Teixugueiras de Navia e na Praza do Emigrante na contorna da Praza de América.

Descargar todas as imaxes