O alcalde enxalza a capacidade turística de Vigo como “cidade referente en España”
Abel Caballero participou na xornada “Transformación dixital en turismo: innovar para competir e conectar”, organizada por Faro de Vigo e Segittur, a sociedade estatal para a innovación e a tecnoloxía no sector turístico, que estivo representada polo seu director de Relacións Institucionais, Ezequiel García. O rexedor destacou a profesionalidade do sector vigués e a capacidade do “fenómeno Vigo” que “cos nosos propios medios nos convertemos nunha das marcas turísticas máis importantes de Europa”, acadando niveis de ocupación do 55% en temporada baixa. Estes datos, apuntou, lográronse coa unión de toda a cidade que hoxe é “querida pero antes non era así”.