Escoitar

Historia, música, xogos e talleres encherán de actividades os museos municipais na Noite Branca

O Concello avanza na programación da Noite Branca dos museos de Vigo, que se celebra o 26 de xuño, coa elección de nove propostas para desenvolver durante a xornada.

mércores, 22 abr 2026

A comisión de valoración dos proxectos presentados na convocatoria municipal para participar na Noite Branca de 2026 acordou seleccionar catro propostas para o Museo Quiñones de León, así como dúas para o Museo Verbum, outras dúas para a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e unha para a Casa das Artes.

O programa definitivo incorporará numerosas actividades promovidas directamente polo servizo de museos do Concello, así como polos museos e centros museísticos adheridos ao programa da Noite Branca: Liste e MARCO, así como pola Fundación Laxeiro.

As actividades, cunha duración máxima de 90 minutos, comezarán ás 20.00 horas e prolongaranse ata a unha da madrugada. Están dirixidas a todas as idades e tipos de público, 

Propostas seleccionadas

Museo Quiñones de León:

  • Melodías que transforman realidades. Son das Flores.
  • Visita aos xardíns históricos do Quiñones. Noelia Fernández Vázquez.
  • Outras miradas. Habraham Barrios.
  • Garden party non Pazo de Castrelos. Van divulgación Cultural.


Museo Verbum:

  • Cartografía emocional de Vigo. Tamara Baz Alonso.
  • Binomios fantásticos. María Cristina González Larriba.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego:

  • Createctura. Patricia Gestoso Abrain.
  • Quen quere ser mago? Maxia na Manga, sociedade cooperativa.


Casa das Artes:

  • Chavellos nos museos. Nume Produccións S.L.

 

Descargar todas as imaxes