Vigo Dance Festival reúne esta fin de semana a máis de 1.350 afeccionados ao baile no Auditorio Mar de Vigo
O alumnado de máis de 35 escolas e asociacións de Vigo participará este sábado 25 e o domingo 26 na edición de primavera de “Vigo Dance Festival”.
O alcalde presentou esta mañá a edición de primavera do festival de danza promovido polo Concello de Vigo e organizado pola Asociación Artística e Cultural para a Promoción da Danza Coreomagazine, que ten como obxectivo impulsar e dar visibilidade ao talento local.
O primeiro evento deste 2026 despregará un programa con 138 shows, segundo explicou Abel Caballero, que destacou que o Concello achega 80.000 euros e que, fronte a outras citas de baile da cidade que cobran por participar e por asistir aos espectáculos, “Vigo Dance Festival” conta con entrada gratuíta. “Paréceme inasumible e negativo para a cidade que nun evento desta magnitude teñan que pagar tanto as persoas do público en xeral como o alumnado das escolas de danza“, remarcou.
Caballero apuntou que a cita de danza representa “a diversidade artística da cidade” e ofrece alternativas vitais distintas para a mocidade viguesa.
O sábado 25 os espectáculos comenzarán ás 16:00 horas para finalizar ás 21:00 horas. O domingo 25 as representacións serán de 10:00 a 13.30 horas e de 16:00 a 21:00 horas.