Escoitar

O alcalde reitera á Xunta a petición de venda dunha parcela para aparcadoiro no Cunqueiro

O alcalde censura a negativa do goberno autonómico de facilitar ao Concello a compra da parcela, situada fronte á entrada do hospital Álvaro Cunqueiro, para construír un novo aparcadoiro gratuíto de 450 prazas.

martes, 21 abr 2026
Imaxe aérea do aparcamento municipal no Hospital Álvaro Cunqueiro
Imaxe aérea do aparcamento municipal no Hospital Álvaro Cunqueiro

Abel Caballero reiterou este martes a súa petición á Xunta de Galicia para que “nos vendan, xa non se me ocorre dicir que nos cedan, a parcela que está diante do hospital para facer outras 450 prazas de aparcamento gratuítas”. Con todo, deixou entrever a a resposta negativa do goberno autonómico que “non quere que fagamos prazas gratis no hospital”, dado que xa se opuxeron á construción do actual aparcadoiro.

Así, lembrou que o Goberno de Vigo xa ergueu un aparcadoiro público e de balde de 450 prazas ao carón do centro hospitalario. “Por que non nos venden a parcela diante da entrada do hospital? Por que non o explican? E se nalgún momento se precisa ese espazo para a ampliación do hospital, revertémolo. Non queremos que se esquilme á xente que vai ao hospital e permanece estancias longas”, sinalou o rexedor.

Amais, criticou Caballero que o grupo popular de Pontevedra reclame ao Concello pontevedrés que dispoña prazas gratis de aparcamento no hospital cando en Vigo “se opuxeron ás que xa fixemos”.

 

Descargar todas as imaxes