Escoitar

O Goberno local garante apoio psicolóxico ás fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a licitación da xestión do programa, durante dous anos, por un importe de 33.089 euros.

luns, 20 abr 2026

O programa municipal está dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 17 anos de idade cuxas nais sofren ou sufriron situacións de violencia machista.

O Concello ofrece apoio psicolóxico personalizado con especialistas en violencia de xénero para afrontar as secuelas, identificar as condutas agresivas e evitar futuras relacións afectivas baseadas na desigualdade e na violencia de xénero.

Descargar todas as imaxes