Escoitar

O Concello activa un dispositivo de acollida de urxencia para mulleres vítimas de violencia machista residentes en Vigo

O venres 1 de maio entrará en funcionamento o novo recurso municipal de acollemento transitorio que, durante as 24 horas dos 365 días do ano, responderá de forma inmediata ás situacións de emerxencia.

luns, 20 abr 2026

O alcalde destacou esta mañá o liderado de Vigo na loita contra a violencia machista. Destacou que ao novo dispositivo de emerxencia para mulleres que residen en Vigo súmase o traballo do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, destinado a persoas de toda España, á que o Concello cede o inmoble e achega un cuarto de millón euros mediante un convenio co Consorcio Galego.

 

Descargar todas as imaxes