Escoitar

5 millóns anuais para o mantemento e mellora de rúas e infraestruturas viarias

O alcalde avanzou esta mañá un investimento anual de 5 millóns para a rehabilitación de vías e infraestruturas viarias. O goberno local acaba de licitar un contrato para os próximos 5 exercicios, dotado de case 20 millóns.

venres, 24 abr 2026

A Xunta de Goberno vén de licitar o contrato de servizos para o mantemento e mellora das vías e infraestruturas viarias desde 2026 ata 2030, cun importe total de 19,7 millóns o que supón case 5 millóns ao ano.

O contrato, que arrancará o 15 de xullo, estará desagregado anualmente do modo seguinte: 1.239.786 euros para reparación e mantemento das rúas, tanto na parte de circulación de vehículos como das calzadas; 102.168 euros para mantemento das esculturas, estatuas e elementos ornamentais; 421.331 euros para a reconstrución de muros; 714.635 euros para aglomerado de camiños; 352.000 euros para sanear pavimentos con danos graves; 75.000 euros para actuacións urxentes por danos provocados por temporais, accidentes, incendios e outras circunstancias; 104.833 euros para mantemento das ramplas mecánicas e, finalmente, 260.954 euros para vixiar o estado das vías coa monitorización da información a través dun vehículo conectado.

Praza de España

Segundo avanzou o rexedor, na Xerencia de Urbanismo do próximo martes aprobaranse de xeito definitivo os convenios da zona 2 e 3 da Praza de España (parcelas comprendidas entre Gran Vía e as rúas Pizarro, Puerto Rico e Honduras). O Concello segue avanzando “a moi alta velocidade” no desenvolvemento urbanístico deste espazo.

Nestas zonas vanse desenvolver proxectos singulares, de alta calidade arquitectónica, para o que os promotores deberán tramitar previamente un estudo detalle co obxectivo, ademais, de que todos os espazos que non sexan ocupados pola edificación nas plantas baixas, sexan de uso público. O obxectivo, explicou Caballero, é converter a zona “nunha gran praza ao servizo da cidadanía”.

 

Descargar todas as imaxes