Escoitar

O alcalde anima ás xogadoras junior do Club de Baloncesto Seis do Nadal a gañar o campionato de España

Abel Caballero felicitou onte ás xogadoras do equipo júnior feminino do Club de Baloncesto Seis do Nadal que este mes se proclamou Campión Galego; un título que lles permite participar no Campionato de España de Clubs da categoría Júnior feminina que se celebrará en Huelva do 26 de abril ao 2 de maio. O Seis de Nadal destácase entre os mellores equipos da categoría a nivel nacional. O alcalde trasladoulles o seu orgullo polo esforzo que as levou ao cumio do baloncesto junior feminino e reiterou o apoio do Concello.

venres, 24 abr 2026
Descargar todas as imaxes