Escoitar

As salas de ensaio de Vigosónico, ao máximo de uso cunha ocupación do cento por cento

O alcalde visitou hoxe as instalacións de Vigosónico, o centro municipal de usos múltiples para mocidade de 10 a 35 anos, que o ano pasado acolleu as actividades e os ensaios de 1.205 usuarios.

venres, 24 abr 2026

Abel Caballero destacou o traballo “excepcional” que o Concello desenvolve en Vigosónico proporcionando soporte gratuíto a artistas e grupos de música para que poidan levar a cabo os seus proxectos creativos.

Vigosónico rexistrou o ano pasado máis de 10.000 entradas. Nestes momentos conta coa cifra máis elevada de grupos e artistas rexistrados nos tres últimos anos nos locais de ensaio, xa que 74 bandas utilizan semanalmente as instalacións.

 

Descargar todas as imaxes