O Goberno Local aproba o proxecto de mellora da grada do campo de fútbol da Madroa
Abel Caballero tamén informou da situación da prospección arqueolóxica da muralla da cidade nas rúas Laxe e Carral, sinalando que “imos protexer todos estes achados seguindo a recomendación que nos dean os arqueólogos”.
O rexedor vigués anunciou esta mañá que na Xunta de Goberno Local aprobouse o proxecto de mellora integral da grada do campo de fútbol municipal da Madroa. Trátase dunha actuación que conta cun investimento de 725.000 euros e que levará 4 meses de execución.
Substituirase a cuberta actual, xunto coa rehabilitación da estrutura e a impermeabilización do edificio. Neste proceso realizarase unha reordenación da planta baixa e incorporarase un ascensor que mellorará a accesibilidade. Abel Caballero cualificouno de “unha mellora moi importante dun dos campos principais da Madroa”.