O Auditorio Municipal acolle esta fin de semana tres espectáculos de danza
O Concello finaliza o primeiro semestre do programa municipal de artes escénicas VigoCultura cunha programación ao redor do "Día Internacional da Danza".
A danza capitaliza, desde hoxe e ata o domingo 26, a programación cultural do Auditorio Municipal coa posta en escena de espectáculos dirixidos ás familias e ao público adulto.
Programa
- Venres 24, 20.00 horas no Auditorio Municipal: a compañía galega “Óscar Cobo Compañía de Danza” pon en escena “Nove espellos”.
- Sábado 25, 20.00 horas no Auditorio Municipal: Fran Sieira Compañía de Danza presentará o seu proxecto “Benquerer. Fran Sieira báilalle a Caamaño&Ameixeiras”.
- Domingo 26, 18.00 horas no Auditorio Municipal: Compañía Söa representará “Coa cabeza nas nubes”.