Escoitar

O goberno local instalará códigos QR en edificios municipais para as persoas invidentes

A iniciativa permitirá obter información en tempo real a través do escáner no teléfono móbil. A proba piloto levarase a cabo en 173 edificios ou instalacións municipais.

luns, 27 abr 2026

O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación dun sistema inclusivo de axuda á consulta de información en soportes urbanos (códigos QR para invidentes). Cun orzamento de 53.250 euros euros, trátase dunha nova forma de sinalización que utilizaremos nos edificios municipais para que sexan máis accesibles e inclusivos.

As persoas invidentes ou con baixa visión recibirán información actualizada dunha forma rápida e sen intermediarios. O proceso realízase a través dunha aplicación no móbil que le códigos QR que se poden enfocar desde lonxe e son máis accesibles. A aplicación verbaliza a información escrita a través do altofalante do teléfono.

Caballero explicou que o Concello comezará cunha proba piloto dentro do proxecto Vigo Edificios Intelixentes en 173 edificios e instalacións municipais. A vantaxe fronte a outras accións con paneis en braille é que a información pode actualizarse en tempo real. Trátase, concluíu, de usar a tecnoloxía para mellorar a vida das persoas facilitando o seu día a día.

Béisbol

O goberno local tamén deu luz verde á concesión dunha subvención nominativa a favor da entidade deportiva Trasnos Béisbol Club. Trátase dunha achega de 18.000 para o desenvolvemento do seu proxecto deportivo.

Descargar todas as imaxes