Escoitar

A Corporación insta á Xunta a abrir o novo instituto de Navia no curso 2028-2029

A Corporación municipal de Vigo acordou na sesión ordinaria deste luns urxir á Consellería de Educación a convocar en 2027 as prazas do profesorado do instituto Domingo Villar para que o cadro docente estea completo no inicio da actividade do novo centro en 2028. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor dos concelleiros do PSOE e do BNG e a oposición do grupo municipal do PP.

luns, 27 abr 2026

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, lembrou hoxe que o Concello cedeu os 12.000 metros nos que se constrúe o instituto de Navia e que o atraso no inicio das obras, que foron comprometidas polo conselleiro de Educación para o ano 2025, é responsabilidade da Xunta de Galicia. Durante o debate, o PSOE aceptou unha emenda do BNG, que tameń se aprobou,  para demandar á administración galega cambios nos criterios de zonificación escolar de Vigo. isto permitiría que o alumnado de Navia e Coia realice os estudos secundarios nos institutos dos seus barrios.

A corporación tamén urxíu a cumprir cos compromisos e a colaboración institucional entre as administración fixados no convenio e que non foron respectados no inicio da edificación ao non convocar ao Concello de Vigo. Os corporativos acordaron reclamar a gratuidade do transporte público para todos os alumnos de Navia e Coia que o ano que vén estuden no IES de Valladares como consecuencia do atraso na construción do instituto Domingo Villar.


Melloras en colexios

No pleno ordinario de abril tamén foi aprobada unha moción do grupo municipal socialista que insta á Xunta a elaborar de forma inmediata un plan para afrontar a reforma integral das infraestruturas educativas de Vigo que padecen o “abandono” por parte da Xunta. A concelleira de Educación, Olga Alonso, recalcou que mentres en colexios do resto de Galicia a Xunta realiza importantes investimentos, en Vigo padecen constantes atrasos a pesar da antigüidade das instalacións e da urxencia de realizar melloras que son competencia da administración autonómica.

Descargar todas as imaxes