Iago Aspas acepta a homenaxe que lle realizará a cidade de Vigo
Abel Caballero destacou que “a traxectoria de Iago Aspas é un elemento de cohesión social e un orgullo colectivo, e por iso faremos esta homenaxe a un deportista de tal envergadura”.
Abel Caballero destacou que “a traxectoria de Iago Aspas é un elemento de cohesión social e un orgullo colectivo, e por iso faremos esta homenaxe a un deportista de tal envergadura”.
Xa se están realizando traballos de mellora para que o Auditorio de Castrelos estea a punto para os concertos de verán. O importe das obras de acondicionamento ascenden a 48.000 euros.
Abel Caballero destacou o enorme “orgullo” co que Vigo recibe o recoñecemento do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa coa entrega hoxe en Toledo da mención honorífica ao Compromiso Municipal nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2025, polo traballo a favor do pequeno comercio.
David Regades e o director do festival Carlos Domínguez “Piti” selaron o apoio ao evento coa presencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Do 6 ao 9 de agosto, máis de 150.000 persoas participarán na 26ª edición deste certame de deporte urbano.
Abel Caballero destacou os acto central, o propio 17 de maio na Porta do Sol. Haberá máis programación con música, regueifas e actividades escolares en homenaxe a Begoña Caamaño. O Correlingua, a actividade organizada cos centros educativos, será o 22 de maio.
O alcalde asistiu á actuación do “Coro das emocións” organizado polo CEIP Plurilingüe García Barbón no Auditorio Municipal, unha iniciativa enmarcada no programa de educación responsable que o centro desenvolve desde hai tres anos. Caballero destacou o valor deste tipo de proxectos que, a través do canto coral, contribúen a fortalecer as competencias emocionais, sociais e creativas dos nenos e nenas.
O alcalde saudou este mércores ás 35 alumnas e alumnos e ás 3 profesoras e profesores que participan no Erasmus+ Francia que desenvolve o IES Santo Tomé de Freixeiro. Destacou a importancia de fortalecer e potenciar os vínculos entre a cidadanía europea, así como de promocionar o coñecemento da cultura do países comunitarios.