Escoitar

O artista plástico vigués Alberto Ardid expón as súas últimas creacións no museo MARCO

Baixo o título “Hai un lugar” o artista expresa a súa “forma de entender a cidade”, segundo destacou este xoves o alcalde ao presentar a exposición, que permanecerá aberta ata o 6 de setembro.

xoves, 30 abr 2026

Ante a gran meda que preside unha das salas do Museo MARCO onde Alberto Ardid exhibe as obras de arte creadas nos dous últimos anos, Abel Caballero afirmou que a mostra “enganchouno” nada máis contemplar as primeiras creacións pola forza de cada unha das pezas do artista vigués. “Esta exposición é máis que visualización, é introspección. É percorrer o que fomos e o que somos e onde queremos ir”, recalcou.

Alberto Ardid afirmou que a exposición representa “un punto de inflexión” no seu camiño creativo polo “reto” que representa mostrar as súas creacións no MARCO e que as pezas seleccionadas representan o modo de estar e entender o mundo dos galegos “facendo un pequeno desprazamento da cámara”, desde a conservación das tradicións á modernidade.

O director do museo, Miguel Fernández Cid, trasladou a súa satisfacción por traballar por artistas de Vigo e mostrar á cidadanía a calidade das súas obras.

Descargar todas as imaxes