Escoitar

“Vigo, cidade de cor” amplía a colección de arte urbana con 15 novos murais

O Concello aprobará o vindeiro luns a licitación do contrato de produción do XII Programa de murais e outros elementos con incidencia sobre a vía pública “Vigo, cidade de cor”, por un importe de 218.000 euros.

xoves, 30 abr 2026
Mural que se pintará na Avenida de Castelao, 28
Mural que se pintará na Avenida de Castelao, 28

“Vamos a contribuír a seguir rexenerando zonas urbanas da cidade”, apuntou o alcalde ao informar do avance na contratación da XII edición do programa “Vigo, cidade de Cor”, que ten un importe de 218.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. Inclúe a actuación en quince murais da cidade, trece de nova creación e dous que serán restaurados dada a deterioración sufrida polo efecto da climatoloxía.

“Pintaremos 15 grandes cadros ao aire libre na cidade” para revitalizar a contorna urbana e comercial e poñer en valor o patrimonio da cidade, sinala Caballero que considera que Vigo é xa un “referente na arte urbana” con máis de 192 murais realizados no marco deste programa municipal.

As 15 intervencións previstas nesta edición son as que seguen:

-Pista Polideportiva de Teis – Laura Álvarez

-Pista Deportiva Anduriña – Colectivo Imperdible

-Pista Deportiva Verderol – María Corrales

-Rúa Tomás Alonso, 188 – Liqen

-Avenida Castelao, 28 – Tirso Paz (“Bubble Gum”)

-Rúa Pardillo, 5 – Iria Prol

-Rúa Toxal, 17 – Habraham Barrios

-Camiño Cordoeira, 3 – Vanesa Álvarez

-Muros das escaleiras de Vázquez Varela – Raquel de la Coba

-Escaleiras da rúa Colombia (barrio de Ribadavia) – Roberto Argüelles

-Peche do Colexio María Inmaculada – Cristina Pino e Gustavo Suasnabar

-Barrio de Ribadavia (rehabilitación de mural) – David Lorenzo

-Asociación Veciñal de Lavadores (rehabilitación de mural) - Anthony

-Rúa Hispanidade

-Rúa Cataluña, 40 – Jackeline de Montaigne

Bouzas

A Xunta de Goberno Local do vindeiro luns aprobará tamén a adxudicación da contratación do servizo de deseño e creación de paquetes turísticos en Bouzas, por un importe de 35.000 euros, o que supoñerá un avance na dinamización de Bouzas co Plan de Sostibilidade Turística "Casco histórico da Vila de Bouzas" financiado con fondos Next Generation UE. 

Tal e como explicou o rexedor, cos paquetes turísticos, o Concello promoverá unha oferta turística que pon en valor o patrimonio artístico, cultural, natural e histórico, con visitas guiadas ao centro histórico e experiencias inmersivas vinculadas ás tradicións locais.

Ademais, este mes o Goberno municipal aprobou os contratos para elaborar o Plan de Mercadotecnia e de dinamización da festa da Brincadeira; a subministración das luminarias led e doutros elementos da rede viaria, a creación dunha páxina web e a estratexia de promoción dixital do casco histórico, por un importe de 309.101 euros. O investimento total no Plan de Bouzas ascende a 2 millóns de euros.

Mural que se pintará na Avenida de Castelao, 28
Peche do colexio María Inmaculada
Rehabilitación do mural do Barrio de RIbadavia
Descargar todas as imaxes