venres, 8 maio 2026

Abel Caballero avoga polo papel da Unión Europea na preservación da paz

venres, 8 mai 2026

A Axencia Europea de Control da Pesca, con sede na nosa cidade, celebrou esta mañá no Museo do Mar o Día de Europa, que se conmemora o 9 de maio e marca o aniversario da histórica "Declaración Schuman", que sentou os cimentos da actual Unión Europea. No seu discurso, Abel Caballero destacou a gran importancia do ente comunitario na actualidade, apuntando que "hai 76 anos da agrupación de nacións soberanas máis importante do planeta. Foi unha fórmula de dicir que nunca máis desexabamos unha guerra mundial en Europa, o que mobilizou esta gran unión", e engadiu que "a Unión Europa é a garante da nosa marcha conxunta".

Alumnado e familias gozan das Xornadas de Teatro Escolar no Auditorio Municipal

venres, 8 mai 2026

O alcalde saudou este venres aos 200 escolares e ás familias dos CEIPs Escultor Acuña e Valle-Inclán que participan, co alumnado da Escola Municipal de Teatro, nas representacións programadas na XVI edición das Xornadas de Teatro Escolar que se desenvolven no Auditorio Municipal. O rexedor animou á audiencia a gozar das representacións ao tempo que recalcou a transcendencia da actividade cultural tanto para os espectadores como para quen interpreta cada obra. Ao longo das tres xornadas, máis de 900 alumnas e alumnos vivieron esta experiencia teatral.

O torneo MS2 Cup reunirá en Vigo a equipos de fútbol base de primeiro nivel

venres, 8 mai 2026

O alcalde saudou este venres na Praza do Bicentenario á organización e parte dos patrocinadores do evento, diante dun autobús promocional rotulado con información sobre o torneo, que se disputará no campo municipal da Madroa en dúas fases: na última fin de semana de maio (categorías sub-16 e sub-14) e na primeira de xuño sub-19, sub-12, sub-10 e sub-8). É a sétima edición deste torneo no que participarán clubs de primeiro nivel como o Real Madrid, Betis, Espanyol ou Barcelona e outros como Oporto ou Benfica así como equipos de Emiratos Árabes ou Australia.

Suspensión da ruta do Camiño a Camiño desde domingo, 10 de maio

venres, 8 mai 2026

Dada a previsión meteorolóxica moi adversa, o Concello viuse na obriga de adiar a Ruta pola Serra da Groba entre Baiona e Oia, prevista para este domingo, 10 de maio dentro do programa de educación ambiental "Camiño a Camiño". Realizarase o domingo, 14 de xuño mantendo a inscrición realizada e previa confirmación das persoas participantes. Cómpre ter en conta que a Serra da Groba é especialmente sensible ás condicións adversas, con zonas abertas ao vento  e tramos nos que a choiva incrementa notablemente o risco de esvaróns, perda de visibilidade e dificultade de progresión do grupo. Trasládase a realización desta ruta ao domingo 14 de xuño,

A cidade súmase ao Día Mundial do Lupus

venres, 8 mai 2026

Este domingo, 10 de maio, celébrase o Día Mundial do Lupus e o Concello participa na xornada iluminando de cor morada as fontes da rúa Aragón. Un xesto simbólico, co que se quere visibilizar esta enfermidade autoinmune crónica que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.