martes, 5 maio 2026

O Concello e o Consello da Cultura Galega lembran a Begoña Caamaño no Concerto das Letras Galegas

martes, 5 mai 2026

A 16ª edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega celebrarase este ano en Vigo, lugar de nacemento, formación e primeiros pasos profesionais de Begoña Caamaño, homenaxeada de 2026. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto coa intérprete encargada da proposta musical, Uxía; Bea Caamaño, irmá de Begoña; e Alejo Amoedo, membro da Comisión Executiva, presentaron en rolda de prensa o programa desta cita, que “será unha festa musical con moitas sorpresas”, na que se mestura a tradición galega con sonoridades atlánticas e lusófonas. O concerto, de entrada libre e gratuíta, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o 16 de maio (20:30 horas) e poderá seguirse en directo a través da web do CCG e na Televisión de Galicia, no marco da programación do Día das Letras Galegas.

O alcalde celebra co CPR San Miguel o Día Mundial do Lavado de Mans

martes, 5 mai 2026

Alumnado e profesorado do CPR O Castro San Miguel e dos Ceip San Miguel e San Miguel II desenvolveron este martes na Praza da Independencia unha campaña de sobre a hixiene das mans a través dunha comparsa para concienciar á cidadanía sobre este hábito que prevén a propagación de enfermidades. Abel Caballero felicitou a iniciativa dos centros educativos e animou a tódalas persoas presentes a “non ter preguiza” e “lavar sempre as mans para evitar o contaxio de virus”.

As fontes de Aragón, de azul pola hipertensión pulmonar e a enfermidade de Huntington

martes, 5 mai 2026

O Concello súmase este martes, 5 de maio, á conmemoración do Día Mundial da Hipertensión Pulmonar, unha enfermidade crónica, grave e pouco frecuente que afecta aos vasos sanguíneos dos pulmóns, nunha xornada que busca visibilizar os síntomas e mellorar o diagnóstico temperán e o acceso a tratamentos. Tamén se conmemora este 5 de maio o Día Mundial da Enfermidade de Huntington para facer visible esta doenza neurodexenerativa hereditaria, a miúdo invisible, e apoiar as familias afectadas